lunes, 30 de mayo de 2022

Actividades Xuño 2022


 Estamos a piques de entrar no derradeiro mes do curso escolar, e a biblioteca non deixa de funcionar. 

 

  • Continuaremos coa adquisición de fondos literarios e de consulta.
  • Préstamo de libros. 
  • Conta conto por parte do profesorado.
  • Quen me lee a mín? Actividade que xa realizabamos antes da chegada do COVID e que consistía en que o alumnado de cursos superiores contáballe un conto a alumnado más pequeno do cole.
IMOS A ELO.


viernes, 27 de mayo de 2022

Vexo, vexo Xacobeo: Camiño de inverno

 O alumnado de 1º e 2º de educación primaria participa no proxecto de innovación educativa "Vwxo, vexo Xacobeo", ofertado para os colexios situados nalgúns dos camiños de peregrinación a Santiago, o noso caso, o Camiño de inverno.

Ao longo do curso a biblioteca acompañou ao alumnado na pescuda de información sobre o mesmo: porque xurde o camño de inverno, simboloxia do camiño, vestimenta, tramos, albergues, ...

E como remate final a dito proxecto realizamos un pequeno tramo , dende Pumares ata Sobradelo, acompañados polo contacontos Anxo Moure, co que charlamos sobre o camiño, os bastóns, as vestimentas, cantamos, bailamos, e por suposto contounos un conto, regalounolo e incluso nolo asinou. 

BO CAMIÑO.






















 

miércoles, 25 de mayo de 2022

TALLER de LECTURA CRUZ ROJA

 O Equipo da ViloiraBiblio animavos a participar ao taller de lectura organizado pola Cruz Vermella, que terá kugar o vindeiro venres 3 de xuño na Praia Fluvial do Malecón.



jueves, 19 de mayo de 2022

Coñecendo e paseando pola vila de Florencio Delgado Gurriarán.

 O alumnado de terceiro a setxo de primaria realizou un percorrido por Corgomo, aldea natal de Florencio Delgado, autor homenaxeado nas letras galegas deste ano, co acompañamento de  Débora, Fernando e Pepe das Pdras, aos que agradecemos enormemente os coñecementos que compartiron con nós, en referencia a Florencio, á flora e fauna da zona, á explotación das minas de ouro romanas e os asentamentos de poboación da época romana e preromana...
















martes, 17 de mayo de 2022

Quen me ven a contar un conto? Nesta ocasión en galego.

 Dado o éxito que tivo esta actividade na ocasión anterior tivemos que volvela a repatir, pero nesta ocasión o conto foi en galego















lunes, 16 de mayo de 2022