viernes, 29 de enero de 2021

Vivamos a Paz polo alumnado de Viloira.

 Hoxe celebramos o día da Paz de diversas maneiras, os máis pequenos fixeron debuxos de pombas, pulseiras de paz, receitas de biscoitos de Paz. Os maiores de primaria contáronnos un conto virtualmemte : Wangari e ás árbores da paz;  os alumnos e alumnas de 3º prepararon un baile, e case todos os cursos preparando o seu mural da Paz que expuxeron nas súas aulas.



















Día da Paz

 


O 30 de xaneiro nos colexios vimos celebrando o día Escolar da non violencia e a Paz.

Para celebrar este día a Viloirabiblio quere ofrecervos unha serie de recursos para traballar co alumnado.

Nun primeiro momento ofrecémosvos un vídeo explicativo de porque celebramos este dia.

Agora podedes visionar unha serie de contos sobre a Paz

“Buscando la Paz” 


“La paz”

Seguidamente deixámosvos unha serie de curtametraxes onde se traballan diversos valores relacionados coa paz e a convivencia.

O primeiro deles leva por título  “For the birds”, onde se traballa a  importancia da CONVIVENCIA.


O traballo en equipo é un deses valores que promovemos dende a escola, neste curto queda patente a súa importancia: “El Puente”



O valor de compartir é un deses valores que aos rapaces en idade escolar cóstalles asumir, con este curto poden valorar a súa importancia.



Na curtametraxe do “El Hormiguero” aprenderan o valor de contar a verdade e o traballo en equipo.



Para finalizar a nosa pequena aportación cunha serie de recursos musicais.















martes, 12 de enero de 2021

NOVIDADES DE XANEIRO

 Papá Noel e os Reis Magos tamén deixaron un regaliño para todos nós na biblioteca. Que será! Que será!