Marzo é o mes da muller, e dende a biblioteca quixemos remarcar a importancia que teñen as mulleres que rodean ao noso alumnado. Por iso propuxemos, para os cursos máis baixos (infantil, 1º, 2º e 3º de primaria) realizar a actividade de: “As mulleres da nosa vida”, actividade que consistía en que o 8 de marzo nas titorías o alumnado falase das mulleres da súa familia e da importancia que tiñan para eles (nais, avoas, curmás, irmás, madriñas,...), dita información plasmárona a modo de debuxo , nunha ficha... Para os cursos superiores, 4º, 5º e 6º de primaria, propuxemos que traballaran sobre aquelas mulleres que destacaron ao longo do tempo e fixeron historia por reivindicar a importancia da muller na sociedade.
Todos estes traballos quedaron recollidos en
murais expositivos nas aulas e na elaboración dalgún recurso audiovisual.