lunes, 30 de noviembre de 2020

Mulleres de ciencias.

 Para conmemorar o traballo realizado polas mulleres nas ciencias, o alumnado de 5º de primaria levou a cabo un proxecto de investigación, que deixou plasmanado nun vídeo e nuns carteis informativos para que o resto do alumnado do centro puidese visionar.


 







 

viernes, 27 de noviembre de 2020

Que será, será...

 


Coa chegada do mes de decembro o Equipo da biblioteca anda argallando algo, que será?

Pois se o queredes saber só tedes que seguir as pistas que neste blog  ímosvos ir deixando cada día.

 Aí vai a primeira





miércoles, 25 de noviembre de 2020

FESTEXANDO O 25 N

 O primeiro que vos queremos amosar é o baile tan bonito que fixeron os alumnos e alumnas de 3º de primaria coa canción "Una Puerta Violeta" de Rozalen.

 

As mestras contáronlles contos ao alumnado e traballaron sobre os mesmos








E realizaron murais coas tarefas feitas.



lunes, 23 de noviembre de 2020

25 N: día Internacional da Non Violencia contra ás mulleres.

 Para conmemorar este día deixámosvos unha serie de curtos e actividades para traballar cos rapaces e rapazas.

ARTURO y CLEMETINA

No seguinte enlace poderedes atopar unha serie da actividades para traballar o conto de Arturo e Clementina.

¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?

Na segunda edición deste libro Raquel Díaz ofrecenos unha ilustración da Princesa Carlota en branco, para que o noso alumnado a vista como desexe. 

Por último deixámosvos unha canción, esperamos que vós guste.


O Vindeiro día 25 vos mostrarémosvos o que o alumnado do noso centro preparou.


 

viernes, 20 de noviembre de 2020

20 N: DEREITOS DAS NENAS E NENOS

 Esta é unha data moi importante para nós. Foi en 1959 cando na Asamblea Xeral da ONU  aprobou a Declaración dos Dereitos dos nenos.

Aquí podedes atopar unha serie de recursos para traballar co alumnado o cos vosos fillos na casa.




lunes, 2 de noviembre de 2020

Novembro mes de...


 Neste mes imos a traballar polos dereitos da INFANCIA e imos valorar a importacia das mulleres na ciencia e a non Violencia contra ELAS.

Comezamos este mes facendo unha pequena recopilación de libros onde se traballa a igualdade entre homes e mulleres e o respecto entre iguas.