viernes, 3 de diciembre de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

 

Co acompañamento musical da canción solidaria "Por Que Me Miras Diferente? nesta montaxe podedes ver a actividade realizada polo alumnado de 6º de primaria para conmemorar esta data.

miércoles, 1 de diciembre de 2021

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

 O 6 de decemdro de 1978 aprobouse a Constitución Española a cal é a norma suprema do ordenamento xurídico de España. Nesta presentación podedes atopar unha expliación da mesma axeitada ao alumnado de primaria.

jueves, 25 de noviembre de 2021

A árbore do RESPETO

Así quedou a nosa árbore do respeto, este mural é o resultado de todo o traballo realizado ao longo deste mes de novembro, onde nos centramos a traballar co noso alumnado valores tan impostantes como a educación, a tolerancia, a igualdade, a empatía, liberdade,.... Todos en colaboración escollemos as palabras que escribir entre as ramas da nosa árbore, e todos deixamos plasmadas as nosas mans coma as follas da mesma.


















martes, 23 de noviembre de 2021

25 N

 Para conmemorar esta data tan especial, este ano non vos vamos a propoñer como en outras ocasións contos, senon unha serie de vídeos musicais que nos axuden a reflexionar. 






lunes, 15 de noviembre de 2021

20 denovembro: día internacional dos dereitos dos nenos.

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, porque nesta data foi cando se aprobou na Asamblea Xeral da ONU, no ano 1959, a Declaración DosDereitos do Neno. Pero o texto final nos foi aprobado ata o ano 1989, o cal é obrigatoria para todos os países que firmaron a Convención sobre os Dereitos do neno. (pincha na imaxe se queres ler a convención)

 
 

A continuación podedes ver unha serie de vídeos que traballan os dereitos dos nenos e unha serie de valores, como o respeto, a tolerancia,....










miércoles, 3 de noviembre de 2021

Magosto 2021

 Comezamos o mes de novembro coa festividade do Magosto, festa moi arraigada na cultura galega. Aquí podedes atopar unha serie de recursos para poder traballar cos máis pequenos.


viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAÍN 2021

Este ano a celebración do Samaín foi todo un éxito, pola grande resposta ao chamamento que dende a biblioteca fíxemos para conmemorar esta data. 

O alumnado de 6º de EI, decoraron unhas cabazas chulísimas, e neste vídeo quixéronnos  amosar como as elaboraron e o ben que quedaron.

Os maiores de educación infantil, prepararon un poema sobre o Samaín e neste vídeo o podemos escoitar.

 

O éxtito das cabazas foi momumental, e neste vídeo o podedes comprobar.

 

E a esta cita hai umha profe que non pode faltar, a profe Tina o conto comeza xa...

 

Prara rematar xa, o equipo da biblioteca vos quere agradecer todo a vosa colobaración, e ata o ano que ven.


 

martes, 26 de octubre de 2021

Cabazas polo Samaín

 A noite do Samaín está a punto de chegar e dende a biblioteca queremos pedirvos que coa axuda das vosas familias elaboredes unha chea de cabazas para alumear as vosas casas para cumprir ca tradicción. 

Cando a teñades rematada enviarlle a foto coa cabeza a vosa títora para que poídamos elaborar o vídeo do Samaín. 



lunes, 25 de octubre de 2021

A que sabe a Lúa?

 O alumnado de 6º de Educación Infantil tiñanos preparado unha sorpresa: un maravilloso contacontos,

A que sabe a Lúa?

 Un dos seus contos favarotos, o que quixeron compartir con todos nos para celabrar o día das bibliotecas escolares.

 

Ademáis todo o alumnado realizou puntos de libros.



 

Preparando o Samaín

 O Samaín esta por chegar e nos a esta cita non podemos faltar, por iso nos temos que preparar. 

Aquí debaixo podedes atopar unha chea de actividades para poder realizar no colexio ou na casa, para poder disfrutar dun Samaín cheo de emocións realizando cabazas, debuxos, vendo curtas ou pelis, lendo e creando historias de medo. 

viernes, 22 de octubre de 2021

Por fin imos a BIBLIOTECA

 Hoxe celebramos o dí das bibliotecas cos máis pequeniños do cole, o alumnado de educación Infantil, e foi un día moi especial para todos eles. 

Os pequeniños de 3 anos coñecian e disfrutaban por primeira vez da biblioteca do cole. 

Ademáis a profe Tina , estaba agardándoos para contarlles con monicreques o conta : La ovejita que vino a cenar. 




viernes, 15 de octubre de 2021

Recursos para traballar a formación de usuarios

Boletín informativo.

 

Cómo usar a Biblioteca

 

Recursos para o profesorado.




 

Preparando o día das Bibliotecas Escolares

 Xa está por chegar o día da nosa biblioteca, o Equipo da biblioteca a está preparando para que o alumnado do centro acuda a mesma a vindeira semana para poder disfrutar dela e realizar unha serie de actividades:

  • formación de usuarios, tanto do alumnado como do profesorado.
  • contacontos por parte do alumnado e do profesorado.
  • recollida de carnets para os novos usuarios.
  • elaboración de punto de libros.
  • recollida de caixas de libros para a biblioteca de aula


lunes, 4 de octubre de 2021

Un novo curso comeza...


Un ano máis esperamos vivir unha chea de aventuras convosco.

O equipo da biblioteca está preparado para recibirvos, pero antes gustaríanos deixarvos un pequeno recordatorio de como nos temos que comportar dentro da mesma.



viernes, 28 de mayo de 2021

NOVIDADES MAIO

 Hoxe chegou o último cargamento de libros por este ano. Algúns foron pedidos polo alumnado. Esperemos que vos gusten.




sábado, 15 de mayo de 2021

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2021

 Hoxe tivemos un día de festa no colexio. Fixemos unha chea de actividades. 

Varias clases do colexio (3 anos, 4 anos e 2º de primaria) prepararon unha serie de vídeos utilizando o recuncho do CROMA. Nestes explicáronnos en que consistía o Día das Letras Galegas e faláronnos da homenaxeada deste ano: Xela Arias.


Saímos a bailar unha muiñeira ao patio, os maiores do colexio participaron no concurso organizado pola asociación de comerciantes do Barco que consistía en sacar fotografias baseadas en versos dos poemas de Xela Arias, participamos no conta contos organizado polo ANPA e moitísimas actividades máis.









lunes, 10 de mayo de 2021

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

SEMINARIO GALAS: XELA ARIAS 

REAL ACADEMIA GALEGA 

O PORTAL DA LINGUA 

viernes, 30 de abril de 2021

30 de Abril: Día do Libro

 Hoxe celebramos un día moi importante para todo o equipo da biblioteca, xa que imos festexar o día do libro dun xeito moi especial. Comezamos cun conta contos dos máis pequeniños do cole, os alumnos e alumnas de 3 anos contáronnos o conta da Eiruga glotona, e a continuación os mís pequenos de primaria  (1º) relatáronnos un conto feito por eles mesmos: La casa encantada.

Neste día tampouco podían faltar os contos das titoras, sobre todo para os máis pequeniños. A profe Tina encargouse de contar por medio dun teatro de monicreques o conto de O Peixe Arcoiris, ao alumnado de educación infantil. Mentres que as titoras de 1º e 2º de primaria tamén lle contaron un conto aos seus alumnos.


Para todo  o alumnado de primaria, o equipo da biblioteca escolar preparou un pasaporte lector, porque ler un libro é como facer unha viaxe. Neste pasaporte os alumnos teñen que cubrir unha serie de datos dos libros que rematen de ler (título, autor, editorial, resumo, que é o que máis lle gustou do libro ou o que lles chamou a atención, facer unha valoración e por último, se o desexan un debuxo), cando rematen de cubrir cada viaxe (libro) o mestre titor selará dita viaxe.