viernes, 28 de mayo de 2021

NOVIDADES MAIO

 Hoxe chegou o último cargamento de libros por este ano. Algúns foron pedidos polo alumnado. Esperemos que vos gusten.




sábado, 15 de mayo de 2021

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2021

 Hoxe tivemos un día de festa no colexio. Fixemos unha chea de actividades. 

Varias clases do colexio (3 anos, 4 anos e 2º de primaria) prepararon unha serie de vídeos utilizando o recuncho do CROMA. Nestes explicáronnos en que consistía o Día das Letras Galegas e faláronnos da homenaxeada deste ano: Xela Arias.


Saímos a bailar unha muiñeira ao patio, os maiores do colexio participaron no concurso organizado pola asociación de comerciantes do Barco que consistía en sacar fotografias baseadas en versos dos poemas de Xela Arias, participamos no conta contos organizado polo ANPA e moitísimas actividades máis.









lunes, 10 de mayo de 2021

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

SEMINARIO GALAS: XELA ARIAS 

REAL ACADEMIA GALEGA 

O PORTAL DA LINGUA