lunes, 30 de marzo de 2020

Recopilación de contos

Hoxe imos a compartir con vos unha pequena recopilación de contos que atopou a profe Ana navegando polo mar de INTERNET.

viernes, 27 de marzo de 2020

martes, 24 de marzo de 2020

Que é o CORONAVIRUS?


Hoxe deixámosvos unha serie de vídeos onde vos van a explicar que é o Coronavirus e que podemos facer para defendernos del.




lunes, 23 de marzo de 2020

Tarde de cine

 Moi bos días, hoxe imósvos deixar unha serie de curtometraxes para pasar un ratiño no sofa en compañia da vosa familia.
ia.

viernes, 20 de marzo de 2020


Hoxe querémosvos ensinar algo moi importante, para poder ter sempre as nosas mans sempre ben limpiñas e libres de virus. Prestade moitísma atención a este vídeo.


A continuación deiámosvos o baile do Lavado das mans.


miércoles, 18 de marzo de 2020

Festividade día do pai.


Mañá é 19 de marzo, e como ben todos sabedes é o día do pai. Dende a Viloirabiblio querémolo festexar convosco vendo uns contos adicados aos papás, que en estes días están a coidarnos tanto e están sempre ao noso carón. 
o primeiro deles leva por título ¡Papá!, é un conto de Philippe Corentin




O segundo leva por título Adivina cuánto te quiero, é un conto de Sam McBrathey. 



FELIZ DÍA DO PAI.


lunes, 16 de marzo de 2020

Estamos de Cuarentena xuntos.

Moi bos días peques do cole de Viloira, a Viloirabiblio tivo que cerrar as súas portas por culpa da situación que estamos a vivir estes días a causa do COVID-19.

Agora mesmo todos e todas temos que estar nas nosas casiñas metidos para coidarnos moito, pero iso non significa que a Viloirabiblio pecha a porta cun ferrollo enorme e non se poida abrir. Non, non, agora mesmo podedes acceder a ela por medio desta fiestriña por medio do blogue, onde vos iremos colgando cousiñas interesantes para que vós nas vosas casiñas poidades acceder moitísimas cousas divertidas.
O primeiro que vos imos a deixar é unha ligazón para poder acceder á Biblioteca dixital Mundial, xa que a UNESCO ábrenos as súas portas.
A gozar dela e coidarvos moitísimo.

viernes, 6 de marzo de 2020

8 de Marzo: Día Internacional da Muller



O vindeiro domingo 8 de Marzo será o Día Internacional da Muller, con motivo da celebración da devandita conmemoración dende a Bibioteca Escolar propoñémosvos o visionado dos seguintes curtos.
Comezamos cun curto que explica o por qué celebramos este día.







Agora deixámosvos dous curtos que tratan de reflexionar sobre os roles e esteriotipos.





Por último deixámosvos un video en inglés o que nos amosa que moitos dos inventos que nos fan a vida máis cómoda foron creados por mulleres.



Tamén querémosvos facer unhas recomendacións lectoras.


Esperamos que vos gusten.