viernes, 30 de abril de 2021

30 de Abril: Día do Libro

 Hoxe celebramos un día moi importante para todo o equipo da biblioteca, xa que imos festexar o día do libro dun xeito moi especial. Comezamos cun conta contos dos máis pequeniños do cole, os alumnos e alumnas de 3 anos contáronnos o conta da Eiruga glotona, e a continuación os mís pequenos de primaria  (1º) relatáronnos un conto feito por eles mesmos: La casa encantada.

Neste día tampouco podían faltar os contos das titoras, sobre todo para os máis pequeniños. A profe Tina encargouse de contar por medio dun teatro de monicreques o conto de O Peixe Arcoiris, ao alumnado de educación infantil. Mentres que as titoras de 1º e 2º de primaria tamén lle contaron un conto aos seus alumnos.


Para todo  o alumnado de primaria, o equipo da biblioteca escolar preparou un pasaporte lector, porque ler un libro é como facer unha viaxe. Neste pasaporte os alumnos teñen que cubrir unha serie de datos dos libros que rematen de ler (título, autor, editorial, resumo, que é o que máis lle gustou do libro ou o que lles chamou a atención, facer unha valoración e por último, se o desexan un debuxo), cando rematen de cubrir cada viaxe (libro) o mestre titor selará dita viaxe.