jueves, 30 de abril de 2020

Día da nai

O vindeiro domingo 3 de maio celebramos o día da nai. Para elo gustarianos compartir con vos un conto que leva por título "DURMENDO CON MAMÁ", contado pola propia autora do conto, Susana Isem. Despois tedes unha canción inspirada no mesmo conto.

Durmiendo con mamá


Canción: 


martes, 28 de abril de 2020

Tómbola de Libros.

No seguinte PDF podedes atopar unha colección de contos para poder ler un pouquiño todos os días, o único que tedes que facer e premer enriba do conto que máis vos guste. 


lunes, 27 de abril de 2020

Os máis pequeniñ@s xa poden sair da casa.

Onte domingo 26 de abril, os máis pequenos e pequenas da casa puideron sair a dar un pequeno paseo despois de estar moito tempo metidos nas súas casas. Deixámosvos un conto para traballar con eles as saidas. Esperamos que vos guste.


viernes, 24 de abril de 2020

Rematamos a Semana do libro.

Rematamos a semana con máis contos. 
O primeiro é un conto musical, contado pola nosa mestra de música Reme.
Érase... a música. Vivaldi.


Unha das vosas compañeiras, María de 2º de Educación Primaria, animouse a contar tamén un par de contos.


Por último podedes ver o vídeo que fixemos con todas esas fotos que nos enviastes co voso libro favorito.




Se algún de vós quere contarnos un conto igual que fixo María o pode facer.




jueves, 23 de abril de 2020




Hoxe é o día do libro, aquí deixávosmos  os últimos contos. 
Mañá teredes unha pequena sorpresa, que esperamos que vos guste moito.

O conto da profe Sandra lévanos de festa, Hagamos una fiesta.



A árbore xenerosa, é contado polo profe Tania


A  oruga da profe Diana ten moita fame: A pequena oruga glotona.


Que lle pasará a fonte da profe Sonia?  La fuente de la buena fortuna


Que frío imos pasar no conto da profe Merce. Un día de invierno.


 Coa profe Gemma imos a disfrutaaaar: Coelliño branco.


Agora vai un en inglés, quen o contará? Siiiiii. A profe Sara: The littel Story of Gaudí.


Se o conto da profe Eva, non quere deixarse ver, teredes que premer enriba do enlace se "O Bosque do Perezoso" queredes ver.
https://drive.google.com/open?id=1miqgzFzxpIQi7WK6GBJLshPIRFkY_xIM


martes, 21 de abril de 2020

Moi bos días, esperamos que os contos de onte gustásenvos moito. 
Hoxe as mestras encargadas de contarvos o conto son:
A profe Alicia, cóntanos o conto de Orejas de mariposa.


A profe Remedios de sexto, cóntanos o conto de Enamorados.

Agora tócalle a profe Amparo, "Cuando me convertí en sirena".


A profe Paula cóntanos un conto moi bonito que fala dun Unicornio moi especial : El pequeño unicornio.

A profe Silvia cóntanos un conto que ten un título un pouco raro "Como la trucha al trucho!




A profe Clara, lenos o conto de Tarzana

Quen nos contará o conto de Romeo.....Siiiii, a profe Ana



Ca profe Tina imos a bailar: Las Jirafas no saben bailar


lunes, 20 de abril de 2020

23 de abril: Día do Libro


O 23 de abril celebrase a nivel Internacional o día do libro. Pero, por que se escolleu esta data e non outra?

Porque o 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakerpeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron, ou morreron, outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabakov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola Conferencia Xeral da Unesco para render homenaxe mundial ao libro e os seus autores.
Este ano tócanos celebralo na distancia, pero para que nos sintades un pouco máis preto de vós, as profes do colexio imos a ir contando uns contos.
Durante esta semana cada día podedes atopar unha serie de contos contados por algunha de nós.
Esperamos que vos gusten.
Coidarvos moito e esperamos vervos moi prontiño.


O primeiro dos contos esta narrado pola profe Emilia, e leva por título "A familia  Pelusas"


A profe Antonia tamén deixouvos este marabilloso conto de O polo Pepe.


O derradeiro conto de hoxe volo vai ler a profe Marta, o seu título é: El perro y el hueso




Maña atoparedes moitos contos máis.
Deica maña.

jueves, 16 de abril de 2020

Cholo e Nela

Este ano os nenos e nenas de infantil non poden ir a xogar con Cholo e Nela, pero estes non os esquecen e queren facerlles unha pequena visita cantando unha canción que leva por título COVID QUE TE VIN.

viernes, 3 de abril de 2020

Todo vai sair ben.

Hoxe queremos deixarvos uns cantos debuxos por si queredes decorar con eles as vosas fiestras.





miércoles, 1 de abril de 2020