jueves, 24 de febrero de 2022

XOVES DE ENTROIDO

 O MECO ORDEA

Para maña mándanos o Meco, 

darlle repouso a cabeza, 

polo que cada un irá, 

coma mellor lle pareza!!

miércoles, 23 de febrero de 2022

ROSALIA de CASTRO 2022

Aquí tedes unha mostra do traballo do noso alumnado. 




MÉRCORES DE ENTROIDO

 O MECO ORDEA

 O xoves non fai falta que vos vistades,

directos da cama,aterrades,

ven con bata, lúxame ou camisón,

e a durmir coma un lirón...

martes, 22 de febrero de 2022

Martes de entroido

 OREDES DO MECO

O mércores, fin de ano,

debes vir ben engalanado. 

Trae as uvas, non te esquezas,

e coas badaladas, merendas.

lunes, 21 de febrero de 2022

Luns de Entroido

 O MECO ORDEA

O martes, superheroes, 

dos coñecidos ou dos que non,

poden ser Batman, Superwoman pu Thor,

e tamén o Rei do Coador.

viernes, 18 de febrero de 2022

ENTROIDO 2022

 Aí ven o Entroido, 

datas agardadas. 

Os nenos, na escola,

faremos foliada.

As ordes do Meco, 

debemos seguir. 

Aquí vos dexamos, 

o que ten que dicir.

O MECO ORDEA

O luns amosade a vosa orixinalidade,

e adornade a cabeza con personalidade,

perruca, cores, lazos, peiteados,...

Deixádenos asombrados!!!

23 de Febreiro: Día de Rosalía de Castro.

O 23 de Febreiro convertíuse nunha data moi importante para a nosa cultura, xa que á a data na que naceu a nosa Poetisa por excelencia, Rosalia de Castro. 

En anos anteriores dita celebración realizabase o 24, pero tras as novas investigacións realizadas por Sagrario Abelleira, queda documentado que Rosalía de Castro naceu o 23, adiantando nun día esta conmemoración.

Nesta entrada deixamosvos unha serie de recursos para traballar a nosa autora por excelencia. 

Se pinchadas nas imaxes de Rosalia poderedes acceder a diferentes presentacións.



 

 

Radio Viloira: Cantigas de hoxe e de Sempre (1º e 2º EP)

 A alumnado de primeiro e segundi nos amenizan cas súas cantigas preferidas.


Recursos para o Entroido.

 


 

Pincha na imaxe para acceder a unha serie de recursos educativos