miércoles, 27 de mayo de 2020

Cuento: El Rey Arturo. Sonia (Mama de Carlos e Óscar

Seguimos contando coa colaboración das familias xa que Sonia animouse a contarnos a Historia do Rey Arturo, un dos seus contos favoritos de cando era pequena.


lunes, 25 de mayo de 2020

Cuento Los dos sombreros

Hoxe a que se animou a contarvos o conto é Sonia, a mamá de Carlos (1º de EP) e Óscar (3 anos) Nogueira.

martes, 19 de mayo de 2020

Museo de minerais e fósiles de Vilamartin de Valdeorras

Hoxe imos a descubrir un marabilloso museo que está moi pretiño da nosa vila de O Barco de Valdeorras, pois esta no municipio veciño de vilamartín de Valdeorras. 
Fainos a presentación do mesmo José Fernández, máis coñecido como Pepe, o das padres, e que é o pai da Profe Amparo, si a profe de cuarto. 


lunes, 18 de mayo de 2020

Conto de Ainhoa

Unha compañeira vosa de primeiro, Ainhoa animouse a contarvos un conto, que leva por título De que cor é un bico.


viernes, 15 de mayo de 2020

Conto da Profe Tina: As pitas baixo a choiva

Xa é venres e a profe Tina está preparada para contarvos un conto, nesta ocasión é un conto de Ricardo Carvalho Calero, para celebrar o día das Letras Galegas que conmemoramos o vindeiro domingo 17 de maio.

jueves, 14 de mayo de 2020

Letras Galegas 2020: Ricardo Carvlho Calaro

Nesta ocasión imos a compartir con vos un conto dos bolechas sobre Ricardo Carvalho Calero, ademáis dun enlace onde teñen un pequeno xogo, que consiste en que teñen que contestar a unhas preguntas sobre o homenaxeado do día das letras galegas para poder conseguir uns números que precisarán ao remate da actividade.



https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

lunes, 11 de mayo de 2020

Geo-Explores

No PDF que aquí podedes atopar tedes un caderno de actividades para rapazas e rapaces a partir de 6 anos, creado polo Instituto Geográfico Nacinal. 
Nel poderedes atopar divertidas actividades sobre:

  • Astronomía.
  • A Terra: as súas partes, formación, volcáns e terremotos,...
  • Mapas
  • Xeografía.

viernes, 8 de mayo de 2020

A profe Tina cóntanos un conto.

A partir de hoxe e ata o remate de curso, todos os venres a profe Tina vainos contar un conto. Nesta ocaión vai estar acompañada polas nenas e nenos da súa aula, e leva por  título : Alidea, la brujita traviesa!


martes, 5 de mayo de 2020

lunes, 4 de mayo de 2020

Taller de ciencias

Imos comezar a semana aprendendo a construir unha nanoparticula con María Sancho, invstigadora no Instituto de Nanociencia de Aragón.