jueves, 24 de octubre de 2019

Busca do tesouro: ELAS TAMÉN CONTAN.

Dende a biblioteca do centro queremos resaltar a importancia que ten o papel da muller na sociedade. Queremos pór en valor a participación e produción das mulleres no desenvolvemento da mesma nos seus diferentes ámbitos (deportivo, cultural, artístico, empresarial, científica- tecnolóxico,…)

Para facer visible este papel das mulleres dende a Biblioteca escolar propuxemos unha búsqueda de tesouro na que o alumnado do centro ten que investigar e adiviñar o nome das mulleres das que estamos a tratar.

Cales son as normas desta busca?
  • Os alumnos participan co seu grupo de aula. 
  • Cada aula terá unha tarxeta para escribir a súa resposta. Cando entre todo o alumnado da aula chegue a un acordo, escribirán o nome da muller galega na tarxeta. 
  • A tarxeta terá que ter a data e a firma da titora de aula. 
  • O encargado ou encargada introducirá a tarxeta metida nun sobre na Caixa de correos da biblioteca. Esta Caixa de correos estará situada ao carón do panel informativo da Viloirabiblio. 
  • Traballaremos por semanas completas de cinco días. 
  • Cada día colocarase unha pista no panel informativo da biblioteca. 

Cal é a puntuación de cada pista?
Se adiviñan á:
  1. Primeira pista: 5 puntos
  2. Segunda pista: 4 puntos
  3. Terceira pista: 3 puntos
  4. Cuarta pista: 2 puntos
  5. Quinta pista: 1 punto

O tesouro acádase coa seguinte puntuación:
  • Educación infantil: 5 puntos
  • 1º e 2º de Educ. Primaria: 10 puntos
  • 3º e 4º de Edc. Primaria: 12 puntos
  • 5º e 6º de Educ, primaria: 18 puntos.

Neste primerio trimestre traballaremos con 6 mulleres deportistas GALEGAS.
O alumnado terá que adiviñar o nome da deportista da semana.

Día das bibliotecas escolares