jueves, 25 de noviembre de 2021

A árbore do RESPETO

Así quedou a nosa árbore do respeto, este mural é o resultado de todo o traballo realizado ao longo deste mes de novembro, onde nos centramos a traballar co noso alumnado valores tan impostantes como a educación, a tolerancia, a igualdade, a empatía, liberdade,.... Todos en colaboración escollemos as palabras que escribir entre as ramas da nosa árbore, e todos deixamos plasmadas as nosas mans coma as follas da mesma.


















martes, 23 de noviembre de 2021

25 N

 Para conmemorar esta data tan especial, este ano non vos vamos a propoñer como en outras ocasións contos, senon unha serie de vídeos musicais que nos axuden a reflexionar. 






lunes, 15 de noviembre de 2021

20 denovembro: día internacional dos dereitos dos nenos.

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, porque nesta data foi cando se aprobou na Asamblea Xeral da ONU, no ano 1959, a Declaración DosDereitos do Neno. Pero o texto final nos foi aprobado ata o ano 1989, o cal é obrigatoria para todos os países que firmaron a Convención sobre os Dereitos do neno. (pincha na imaxe se queres ler a convención)

 
 

A continuación podedes ver unha serie de vídeos que traballan os dereitos dos nenos e unha serie de valores, como o respeto, a tolerancia,....










miércoles, 3 de noviembre de 2021

Magosto 2021

 Comezamos o mes de novembro coa festividade do Magosto, festa moi arraigada na cultura galega. Aquí podedes atopar unha serie de recursos para poder traballar cos máis pequenos.