viernes, 30 de octubre de 2020

SAMAÍN 2020

 Hoxe celebramos o Samaín no cole dunha maneira un pouco distinta e especial, xa que non nos poidemos xuntar coma en anos anteriores. 


 

Pasámolo xenial lendo libros de medo, de bruxas, de vampiros, sacando fotos no Photocoll que a profe Tina preparou, facendo manualidades e por suposto o mellor de todo foi que puidemos vir disfrazados ao cole da persanaxe que nos quixeramos.






 


 


jueves, 29 de octubre de 2020

SAMAÍN 2020

 Como cada ano, cando se aproxima o 31 de outubro, no colexio festexamos a festa do Samaín.

Este ano imolo celebrar dun xeito diferente e especial, para iso contamos coa colaboración das familias, xa que nas súas casas o alumnado do CEIP RAMÓN OTERO PEDRAYO de Viloira, diseñou e elaborou unhas cabazas fermosísimas. As mamis e papis axudáronlles a preparar as cabazas e despois sacáronlles unhas fotos moi orixinais, coas que as profes elaboramos o video que podedes ver aquí debaixo.

Nestas datas o noso  centro estaría cheo de adornos de Samaín, teríamos as portas decoradas e o noso cole cheo de vampiros, momias, esqueletos, morcegos..., aquí embaixo deixámosvos unha serie de imaxes de portas decoradas de Samaín, se vos animades a decorar algunha da vosa casa podedes enviarlle a foto a vosa titora.


 







Agora unhas poucas manualidades












Nestes días de Samaín aos rapaces e rapazas gústalles escoitar e ler libros de medo, misterio, bruxas, pantasmas,... aquí van uns cantos

A BRUXA REGAÑADENTES


CARABUÑAS


FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS



OS DIFUNTOS FALABAN CASTELAO


OS BOLECHAS, QUE MEDO!


DÓNDE VIVEN LOS MONSTRUOS


¿A QUÉ TIENEN MIEDO LOS MONSTRUOS?


LA COCINA DE LA BRUJA


 

 






 

lunes, 26 de octubre de 2020

viernes, 23 de octubre de 2020

Semana das bibliotecas escolares


 Ao longo de toda esta semana estivemos celebrando o día das bibliotecas escolares. Para elo o equipo da biblioteca escolar estivo preparando unha serie de actividades: conta contos para o alumnado,  unha caixa de libros para cada aula, que será renovada periodicamente,  os carnés da biblioteca, xa que este ano vai con foto, marcapáxinas, etc.

Aos máis pequenos do cole a profe Tina sorprendeunos cun teatrillo de monicreques que levaba  por título Os tres porquiños.

Aquí quédavos para que poidades gozar vós tamén.

 

     No seguinte vídeo presentación  deixámosvos unha pequena mostra de todo o que fixemos ao longo desta semana para conmemorar este día.


lunes, 19 de octubre de 2020

Día das Bibliotecas Escolares

O vindeiro venres 23 de outubro conmemórase o día das Bibliotecas escolares

Se queres saber mais de porque se celebra este día e dende cando pincha enriba do cartel.

COMO O IMOS A CELEBRAR NÓS?

Para celebralo o Equipo da Viloirabiblio estamos a preparar unha serie de actividades.
Os  máis pequeniños do cole visitarán ao longo da mañá a Biblioteca, onde unha gran sorpresa vai estar agardándoos.
 
 O alumnado de primaria realizará diversas actividades para conmemorar este día, unha delas será o visionado da varios vídeos onde se lles explicará como poden acceder ao catálogo da nosa biblioteca, utilizando o OPACMEIGA
Como ben sabedes neste intre non podedes acudir a biblioteca a escoller e mirar libros, e por medio desta páxina podedes consultar os libros para reservalos, solicitarllos as vosas titoras ou a algun membro do equipo da BE.
 






 
O Venres poderedes ver todas as actividades que realizaron o noso alumnado propostas polo equipo de BE.