viernes, 27 de mayo de 2022

Vexo, vexo Xacobeo: Camiño de inverno

 O alumnado de 1º e 2º de educación primaria participa no proxecto de innovación educativa "Vwxo, vexo Xacobeo", ofertado para os colexios situados nalgúns dos camiños de peregrinación a Santiago, o noso caso, o Camiño de inverno.

Ao longo do curso a biblioteca acompañou ao alumnado na pescuda de información sobre o mesmo: porque xurde o camño de inverno, simboloxia do camiño, vestimenta, tramos, albergues, ...

E como remate final a dito proxecto realizamos un pequeno tramo , dende Pumares ata Sobradelo, acompañados polo contacontos Anxo Moure, co que charlamos sobre o camiño, os bastóns, as vestimentas, cantamos, bailamos, e por suposto contounos un conto, regalounolo e incluso nolo asinou. 

BO CAMIÑO.