lunes, 2 de mayo de 2022

Adiviña que conto é?

 Hoxe ao alumnado de infantil o carteiro lles trouxo unha carta misteriosa que viña acompañada dunha pequena maleta. 

Queredes saber o que tiñan que facer?

Pois moi sinxelo, soamente tiñan que mrar o que había dentro da caixa e pensar en que conto, que eles coñecían, a parecía o obxecto ou  a personaxe que se lles mostraba. 

Cada día, o carteriro traería unha nova pista e eles  nunha tarxeta/folio terían que apuntar a pista e o título ou títulos do conto que creían que era.

A venres eles terían que dar un veredicto final. 

E... como poderán saber se o adiviñaron? A profe o venres na hora de ler, clles contará o conto misterioso.